A Peregrina en 3 minutos

Para un concurso de xornalismo audiovisual da Universidade, realicei un documental breve sobre como viven a chegada á cidade as persoas que fan o Camiño Portugués. Seguín durante unha mañá a tres peregrinos pola zona monumental ata a basílica da Peregrina.

Desenvolvin o guión, a realización e a edición, buscando captar as pequenas conversas e os silencios do percorrido. A peza quedou finalista do concurso e publicouse na web da facultade de comunicación.