Salitre, un cuarteto de indie pop da cidade, contactoume para gravar o videoclip da súa nova canción. Rodámolo nunha única sesión nocturna nun club pequeno, cun sistema de luces propio e tres cámaras en movemento.
Encargueime da dirección, da cámara e do montaxe, cunha proposta baseada no directo e no ritmo da batería. O videoclip estreouse na canle do grupo e superou as trinta mil reproducións nas primeiras semanas, converténdose no seu vídeo máis visto.
